I Xornada: TRABALLOS EN ALTURA
Durante o vindeiro mes de Abril o Servizo de Prevención de Riscos Laborais da Universidade de Vigo ofrecerá diversas xornadas informativas sobre Traballos en Altura que terán lugar nos Campus de Vigo, Pontevedra e Ourense. Impartirase a mesma xornada en cada un dos Campus citados nos vindeiros días 24, 25 e 26 de Abril.
O obxectivo principal destas xornadas é poñer en coñecemento dos traballadores que realizan traballos en altura, tanto da Universidade de Vigo coma de empresas externas, os riscos asociados a ditos traballos así coma as normas seguras de actuación e por outro lado, iniciar e concienciar ós alumnos en materia preventiva.
Ditas xornadas serán abertas ao público en xeral e nelas intercalaranse conferencias con obradoiros prácticos, que correran a cargo do ISSGA, Sociedad de Prevención FREMAP, FREMAP Mutua, G.A.G Plataformas aereas e transportes S.L., Mahecon S.L., Verticalia e Burotec
Para asistir ás xornadas de Traballos en Altura é necesario cubrir o formulario de asistencia facilitado dende esta mesma páxina ou no que se pode atopar nos diferentes centros do Campus Universitario. O horario das conferencias e obradoiros será de 9:00 a 18:00 horas.)
Aos asistentes faráselles entrega dun certificado de asistencia.